O club presentou a súa Escola

Este pasado domingo 18 de decembro o noso club presentou oficialmente a súa Escola de fútbol da tempada 2016-2017 que nesta campaña conta cun total de 104 alumnos entre nenos e nenas para conformar un total de seis equipos de fútbol (xuvenil, cadete, infantil, dous alevíns e benxamín) xunto cun equipo de fútbol sala. Como […]
Campaña de recollida de roupa e xoguetes a favor de “Ayuda a una familia en Lugo”

Lugo Sala e ADC Sagrado Corazón únense unha vez máis a favor da sociedade lucense e é que as dúas entidades axuntamos esforzos e xuntamos á nosa masa social para entre todos axudar aos máis necesitados. Con motivo do comezo do mes de decembro e coa proximidade do Nadal, ambos clubs desexamos colaborar coa […]
Á venda o carnet de socio do club da tempada 16-17 que da dereito a desfrutar de descontos

Dende esta semana atópase xa á venda o carnet de socio da nosa entidade para esta tempada 2016-2017. Adquirir este carnet non so é unha maneira de colaborar co noso club, senón que ser socio do Sagrado Corazón ten vantaxes como poder desfrutar de diferentes descontos ou promocións en empresas. O prezo do carnet […]
JUAN CARLOS RODRÍGUEZ foi homenaxeado na “XII Xuntanza de Ex-xogadores”

Este pasado sábado 19 de novembro, a ADC Sagrado Corazón e a Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón levaron a cabo de forma conxunta a “XII Xuntanza de Ex-xogadores”, comida que se celebrou no Restaurante La Palloza da capital lucense e que acolleu a medio centenar de xogadores que no seu día vestiron as cores […]
XII Xuntanza ADC Sagrado Corazón de ex-xogadores

Este vindeiro sábado 19 de novembro a partir das 14:00 horas e no Restaurante La Palloza da capital lucense terá lugar a tradicional comida de ex-xogadores do club. Esta “XII Xuntanza da ADC Sagrado Corazón” espera superar a asistencia con respecto ás edicións anteriores e así continuar xuntando a xeracións e xeracións de xogadores que […]
Xornadas de portas abertas: proba gratis no Sagrado Corazón

A ADC Sagrado Corazón organiza durante os meses de maio e xuño as súas xornadas de portas abertas como un acto de promoción do deporte e do fútbol. Así levará a cabo estas xornadas para que os nenos/as, das categorías de iniciación a xuvenil, que desexen adestrarse cos nosos equipos poidan facelo e así probar […]
OPERACIÓN 1.000 KG

ADC Sagrado Corazón, SCD Milagrosa e Lugo Sala únense xunto a Cruz Roja en Lugo para levar a cabo unha recollida de alimentos durante este mes de marzo en favor dos máis necesitados Un dos valores que o deporte ten, e máis o deporte colectivo, é o da unión. A unión fai a forza, fai estreitar lazos entre […]
O club presentou a súa Escola desta tempada 15-16

[slideshow_deploy id=’2363′] Este domingo 14 de febreiro foi a data elexida polo noso club para presentar a todos os xogadores/as que esta tempada conforman a Escola de fútbol con más de 110 alumnos/as repartidos en sete categorías diferentes. As instalacións Dar Forma da capital lucense foron un excepcional escenario para dar coñecer a todos os […]
BO NADAL E FELIZ 2016

Para os nosos patrocinadores, ás administracións, Directivos, aos nosos xogadores e xogadores, aos adestradores, a equipos rivais, diferentes estamentos do mundo do fútbol… en definitiva a todos os que formastedes ou formades parte desta gran familia que é a ADC Sagrado Corazón, deserxarvos un BO NADAL e que no 2016 se […]
Emotiva comida do 50 Aniversario

Este sábado 21 de novembro o Restaurante La Palloza da capital lucense acolleu a “Comida 50 Aniversario” da ADC Sagrado Corazón, evento organizado conxuntamente entre o club e a Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón. E é que ambas as entidades uniron as súas forzas para organizar este eventocon motivo dos 50 anos de historia […]
Sábado 21 de novembro: Comida 50º Aniversario – Homenaxe a José María Rodríguez Lago

Este próximo sábado 21 de novembro a partir das 14:00 horas e no Restaurante La Palloza da capital lucense, terá lugar a comida oficial que organizan a Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón xunto co noso club con motivo do 50 aniversario que este ano está a cumprir a entidade. Ambas as organizacións uníronse para […]
Lazos de unión coa Asociación de Veteranos

En datas pasadas unha representación da actual Xunta Directiva da ADC Sagrado Corazón, encabezada polo seu Presidente, Jesús Pereira, mantivo unha reunión con tres membros da Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón na que foi unha primeira toma de contacto para estreitar lazos de unión entre ambas as entidades. Así José Luis Villa, José Luis […]