Campaña de recollida de roupa e xoguetes a favor de “Ayuda a una familia en Lugo”

 

Lugo Sala e ADC Sagrado Corazón únense unha vez máis a favor da sociedade lucense e é que as dúas entidades axuntamos esforzos e xuntamos á nosa masa social para entre todos axudar aos máis necesitados. Con motivo do comezo do mes de decembro e coa proximidade do Nadal, ambos clubs desexamos colaborar coa asociación lucense “Ayuda a una familia en Lugo”.

É por iso que desde hoxe e ata o próximo 21 de decembro organizamos unha colleita de roupa e xoguetes, que permanezan nun estado óptimo de uso, para así axudar aos que máis o necesitan.

Todas as persoas que desexen colaborar nesta iniciativa doando roupa e xoguetes poden facelo a través dos dous clubs:

  •     – Lugo Sala: os días de adestramento no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo entregándoo aos monitores.
  •     – ADC Sagrado Corazón: luns, xoves e venres de 18:00 a 20:00 horas na oficina do club no campo de As Gándaras.