[slideshow_deploy id=’2363’]
Este domingo 14 de febreiro foi a data elexida polo noso club para presentar a todos os xogadores/as que esta tempada conforman a Escola de fútbol con más de 110 alumnos/as repartidos en sete categorías diferentes. As instalacións Dar Forma da capital lucense foron un excepcional escenario para dar coñecer a todos os alumnos que este ano conforman as categorías inferiores e durante uns intres todos eles convertíronse nos protagonistas da mañá ante a atenta mirada dos seus pais e membros do club.
Desfile de xogadores, presentación de todas as categorías, fotos oficiais… En definitiva unha mañá en familia na que ademáis se aproveitou para facer disfrutar a todos os nenos/as con diferentes xogos, ademáis de fomentar a unión e convivencia entre todos eles.
Este acto foi seguido pola Xunta Directiva do club que encabeza o noso Presidente, Jesús Pereira, quen na súa intervención ante os pais e nenos comentou que “o club vai a seguir a traballar na mesma liña deste ano, apostando por mellorar o traballo con todos os nenos a través de profesionais”, mesmo senso no que falou o Director da Escola, Pablo Iglesias. Pechou o acto o Vicepresidente da FGF en Lugo, Carlos Méndez ´Negrín´, quen comentou sentirse “orgulloso de estar representando neste día á Federación Galega de fútbol nesta presentación das escolas do Sagrado Corazón, un club señor e emblemático da nosa cidade” así como animou ao club a seguir “traballando na mesma liña que o ben facendo, coa base e pola base, facendo un traballo de canteira” ademáis de rendir a man da “Federación Galega de fútbol para o que faga falta e así poder seguir traballando en favor da formación de todos os rapaces e rapazas”.
Comida oficial
Para rematar o día, ás 14:30 horas celebrouse unha comida oficial no Restaurante Porta Santiago da capital onde se reuniron 130 persoas entre Directivos do club, adestradores, membros da Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón, pais e xogadores, nunha comida moi entretida, na que se viviu un gran ambiente e que rematou cun sorteo de numerosos regalos entre todos os asistentes.