O club presentou a súa Escola

Este pasado domingo 18 de decembro o noso club presentou oficialmente a súa Escola de fútbol da tempada 2016-2017 que nesta campaña conta cun total de 104 alumnos entre nenos e nenas para conformar un total de seis equipos de fútbol (xuvenil, cadete, infantil, dous alevíns e benxamín) xunto cun equipo de fútbol sala.

Como xa ocorrera a tempada pasada, as instalacións Dar Forma da capital lucense foron o escenario elexido pola nosa entidade para presentar a Escola ante todas as familias e a Xunta Directiva do club que estivo representada por todos os seus componentes e encabezada polo Presidente, Jesús Pereira.

Os máis de 100 xogadores desfilaron ante a atenta mirada dos seus familiares e posteriormente tomaron a palabra tanto o Presidente do club como o Coordinador Deportivo, Daniel Díaz, quenes comentaron que esta tempada, na do 51º aniversario do club, estase a seguir co traballo comezado a campaña pasada de reestructuración do club nunha clara aposta pola canteira para que todos os xogadores sigan formándose tanto deportivamente como no aspecto persoal.

Para rematar o acto fíxeronse as fotos oficiais de cada un dos plnteis así como a gran foto de familia.

 

Comida de Nadal
Aproveitando este día de festa coa presentación oficial, o club tamén organizou a súa Comida de Nadal que levou a acabo nesta ocasión no Restaurante D10 con máis de 125 participantes entre Xunta Directiva, familiares e xogadores, no que se disfrutou dun gran xantar e no que ao remate do mesmo se sortearon agasallos entre todos os asistentes.

 

GALERÍA DE IMAXES

 

escuela-16-17w