Este pasado sábado 19 de novembro, a ADC Sagrado Corazón e a Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón levaron a cabo de forma conxunta a “XII Xuntanza de Ex-xogadores”, comida que se celebrou no Restaurante La Palloza da capital lucense e que acolleu a medio centenar de xogadores que no seu día vestiron as cores branquiazuis do noso club, ademáis de membros da nosa actual Xunta Directiva.
Desta maneira un ano mais distintas xeracións de xogadores neste 51 anos de historia da nosa entidade deronse cita para cun agradable xantar compartir anécdotas, vivenzas, recordos e en definitiva xuntarse para celebrar que o club segue moi vivo e cun gran futuro.
Nesta comida, ao termo da mesma, homenaxeouse a Juan Carlos Rodríguez Aguiar pola súa dedicación total ao club e continuo apoio e na Asociación de Veteranos, en total preto de 40 anos adicándose ao Sagrado Corazón. Por este recibiu un trofeo como agasallo e é que a intención destas xuntanzas é que ano a no se vaia recordando a persoas ilustres e que traballaron con todo o seu corazón pola nosa entidade. Juan Carlos Rodríguez quixo compartir este agasallo xunto a outro ilustre, Carlos Veloso.