Sábado 21 de novembro: Comida 50º Aniversario – Homenaxe a José María Rodríguez Lago

Este próximo sábado 21 de novembro a partir das 14:00 horas e no Restaurante La Palloza da capital lucense, terá lugar a comida oficial que organizan a Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón xunto co noso club con motivo do 50 aniversario que este ano está a cumprir a entidade. Ambas as organizacións uníronse para poder realizar unha gran reunión de amigos, ex-xogadores e ex-directivos cun nexo de unión en común: o amor e agarimo que gardan polo Sagrado Corazón.

Ademais nesta comida tamén se aproveitará para homenaxear, a título póstumo, a unha figura histórica do club branquiazul como foi D. José María Rodríguez Lago, fundador da entidade no ano 1965 e que dedicou unha importante parte da súa vida, preto duns 20 anos, a facer crecer ao Sagrado Corazón.

Desta maneira renderase un máis que merecido homenaxe a José María a título póstumo xa que tristemente deixounos no pasado mes de abril. Será un bonito día para o recordo e para lembrar a un loitador por e para o Sagrado Corazón de fútbol, así como o seu barrio, e unha persoa entrañable que traballou incansablemente para que o club tivese unha gran importancia dentro da cidade e lograse non só diversos títulos nas diversas categorías do fútbol senón tamén formar persoal e deportivamente a moitos xogadores que chegaron a militar en equipos de categoría nacional.

 

Os interesados en retirar a súa invitación para este evento poden poñerse en contacto coa organización do mesmo, antes das 20:00 horas deste xoves 19 de novembro, na dirección de correo electrónico: adcsagradocorazon@hotmail.com