OPERACIÓN 1.000 KG

ADC Sagrado Corazón, SCD Milagrosa e Lugo Sala únense xunto a Cruz Roja en Lugo para levar a cabo unha recollida de alimentos durante este mes de marzo en favor dos máis necesitados

Un dos valores que o deporte ten, e máis o deporte colectivo, é o da unión. A unión fai a forza, fai estreitar lazos entre si, e neste caso a ADC Sagrado Corazón, únese á SCD Milagrosa de fútbol e á escola de fútbol sala Lugo Salga da capital lucense para levar a cabo durante este mes de marzo unha acción solidaria e importante na que nos propoñemos o concienciar á sociedade de axudar aos que máis o necesitan. Unha acción en favor de Cruz Vermella en Lugo e que se coordinará coa súa Dirección na capital.

É por iso que os tres clubs unímonos para así poder alcanzar o obxectivo que leva como lema esta campaña: «Operación 1.000 kg». Así cada unha das entidades faremos unha recollida de alimentos nas nosas diferentes sedes entre a masa social importante que todas movemos entre xogadores/as, pais, familiares, amigos…

Desta maneira a ADC Sagrado Corazón establecerá o seu punto de recollida de alimentos na súa oficina do Campo de As Gándaras, a SCD Milagrosa farao na da Casa do Deporte e Lugo Salga na súa oficina do Centro Deportivo Terra. En todas elas instalaranse as urnas correspondentes para que todas as persoas que desexan colaborar poidan doar os quilos que precisen oportunos de COMIDA NON PERECEDOIRA.

Cando finalice a recollida de alimentos todos os quilos recadados, oxalá podendo superar o obxectivo exposto, serán entregados nun acto oficial a Cruz Vermella Lugo para a súa posterior repartición entre as familias máis vulnerables.