Xornadas de portas abertas: proba gratis no Sagrado Corazón

xornadas-portas-abertas

A ADC Sagrado Corazón organiza durante os meses de maio e xuño as súas xornadas de portas abertas como un acto de promoción do deporte e do fútbol. Así levará a cabo estas xornadas para que os nenos/as, das categorías de iniciación a xuvenil, que desexen adestrarse cos nosos equipos poidan facelo e así probar como se traballa na nosa entidades sen ningún tipo de compromiso e de forma totalmente gratuita para que lle sirva de proba ao rapaz de cara a poder incorporarse ao club para a tempada 16-17.

O interesados en anotarse a estas xornadas deberán facer una inscrición no club e por elo deberán acudir ás oficiñas das que a entidade dispón no campo de As Gándaras (atención ao público os luns, xoves e venres de 18:00 a 20:00 horas).

Os nenos/as que se inscriban realizarán os adestramentos cos actuáis alumnos da Escola e na categoría que lle corrresponda: iniciación, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete ou xuvenil.

Desta maneira xogadores/as que cambian de equipo, de deporte ou se inician por primeira vez no fútbol teñen a oportunidade de probar durante uns días coa metodoloxía de traballo que se leva a cabo no Sagrado Corazón.

Para máis información: www.adcsagradocorazon.es ou enviando un e-mail a adcsagradocorazon@hotmail.com