Neste ano 2015 o noso club cumpre 50 anos de historia. Coincidindo con este momento histórico a entidade tomou entre outras decisións, como xa as levou a cabo a nivel interno para a mellor organización do club, remodelar, modernizar e dar un aire máis fresco a un dos símbolos deste: o seu escudo. Así se modificou o aspecto da súa insignia pero sen perder a súa identidade que lle caracterizou dende o ano 1965 cando se fundou a entidade.
Este polo tanto será o escudo que marque o futuro da ADC Sagrado Corazón e que se reflectirá na súa identidade corporativa así como en diferentes soportes publicitarios, web e redes sociais.
Cambios na Xunta Directiva
Entre outros cambios a nivel de dirección de club e na súa estrutura deportiva, a entidade tamén sufriu cambios na Xunta Directiva, quedando configurada do seguinte xeito:
– Presidente: Jesús Pereira.
– Vicepresidente: Felipe Soengas.
– Secretario: José Ferreiro.
– Tesoureiro: José Flores
– Vogal: Carlos Díaz.
– Vogal: Jacobo Gómez.
Contacto co club
De cara a posibles notificacións co club ou a necesidade de contactar con este, quérese comunicar que a nova dirección de correo electrónico da entidade é o seguinte dende este mes de agosto: adcsagradocorazon@hotmail.com