Álex Rois será o novo coordinador deportivo do club

O técnico da estrutura do club, Alejandro Rois Carroceda, é a persoa elixida pola Directiva da entidade para que asuma as responsabilidades como novo coordinador deportivo da ADC Sagrado Corazón. Desta maneira o mozo lucense de 27 anos (22-04-1997 – Lugo) asume por primeira vez esta función despois de cumprir a súa quinta tempada no club. Álex Rois substituirá a Brais Rozados quen pechou o seu ciclo no club tras dez tempadas como técnico, as tres últimas compaxinándoas como coordinador.

A pesar da súa mocidade Rois coñece á perfección o fútbol base lucense, e o club, debido á súa enorme implicación no proxecto, tomou esta decisión xa que tempada tras tempada puido ir collendo a rodaxe suficiente para agora asumir este reto.

A súa forma de traballo, que coincide coa do club, levaron a ambas as partes a tomar esta decisión e desde o club agradecemos a Álex Rois a súa predisposición para asumir esta nova función para así entre todos seguir facendo crecer ao mesmo e continuar coa formación de persoas e deportistas.

Dende xa Álex Rois e a entidade comezan a preparar a nova tempada tendo como obxectivo inmediato a incorporación de novos adestradores ao club e preparar toda a planificación dos equipos cos que se contará na vindeira tempada 24-25 que comezará para o fútbol-11 a finais do mes de agosto e o fútbol-8 a comezos do mes de setembro.