Brais Rozados finaliza a súa etapa no club

O actual coordinador deportivo do club e adestrador, Brais Rozados, non continuará a próxima campaña 2024-2025 na entidade. O técnico lucense pecha así un ciclo de case dez anos na ADC Sagrado Corazón onde realizou un grandísimo traballo.

Rozados xa comunicou antes de final do pasado ano a súa intención de non continuar para a próxima tempada por motivos laborais e persoais, entendendo a súa decisión desde o club.

É admirable que unha persoa como el estivese tantos anos seguidos na entidade, sendo fiel á súa filosofía de traballo e a do club, e inculcando os valores que o deporte posúe a todos os xogadores/as que dirixiu, ademais de ser un excelente formador de técnicos axudando sempre a todos os que foron os seus compañeiros ao longo desta década.

Desde a Xunta Directiva do club queremos agradecer a Brais Rozados a súa implicación, traballo e constancia durante estes marabillosos anos nos que sen dúbida fixo crecer e evolucionar á entidade e foi un gran formador de centos de nenos e nenas que vestiron e visten a camiseta do club, desexándolle sorte no futuro e deixando as portas do Sagrado Corazón sempre abertas se algún día desexa regresar.

 

GRAZAS BRAIS!