Unha xornada de resultados variopintos

Estos foron os resultados do fin de semana:

   Sagrado Corazón 2 – Maristas 8 (prebenxamín fútbol sala)

   Sagrado Corazón 2 – EF Polvorín B 0 (benxamín)

   EF Polvorín B 3 – Sagrado Corazón A 4 (alevín A)

   Sagrado Corazón B 0 – EF Polvorín A 3 (alevín b)

   CD Castro 2 – Sagrado Corazón 2 (cadete)

   Sagrado Corazón 0 – SD Monterroso 2 (xuvenil)

   AD Bretaña 1 – Sagrado Corazón 9 (veteranos)

 

O resumo da xornada

Esta semana seguimos o partido da 6ª xornada da promoción de ascenso da autonómica cadete na que o noso equipo que dirixe Dani Díaz empatou ante o CD Castro a domicilio (2-2).

O primeiro cuarto de hora de partido foi de dominio local cun Castro que ademáis se adelantaría no marcador con 1-0 ao minuto 3 de encontro. Co paso dos minutos o Sagrado Corazón facíase co maior control do partido e con boas asociacións e unha presión alta permitíanlle recuperar balóns perigosos e levar perigo sobre a portería dos locais. Fruto delo á media hora de xogo Rober empataba o partido tras rematar no segundo pau un centro de Junior. Ese gol deu alas aos nosos que nin seis minutos despois do empate conseguían darlle a volta ao marcador anotando o 1-2 co gol de Adri. Cando todo indicaba que ao descanso se ía a chegar coa vitoria parcial dos branquiazuis, no desconto do primeiro periodo os locais empataban o choque (2-2). Tras o descanso o primeiro tramo do segundo periodo sería para os nosos que ben puideron ampliar a vantaxe no luminoso. Pero a partir do minuto 20 deste segundo acto as forzas igualábanse e non había un claro dominador no xogo polo que calquera cousa podía ocorrer, como así ocorreu de ahí ao final. No desconto do segundo periodo o Castro a piques estivo de levarse o triunfo pero o porteiro corazonista Marcos Sanfiz e a defensa desfixéronse do perigo para non deixar un punto mais que merecido.

 

    CD Castro (2): Óscar, Rodrigo, Alejandro, Asier, Martín, Miguel, Francisco, Diego, Marco, Alejandro e Iago, -once inicial-, Pablo, Mateo, Rubén, Díaz y Yago.  

    Sagrado Corazón (2): Marcos, Yeray, Sergio, Emilio Fabián, Bran, Xoan, Kevin, Alejandro, Adrián, Roberto y Junior, -once inicial-, Nico, Aarón, Alejandro, Miguel y José Carlos.

    Goles: 1-0 min. 3 Alejandro, 1-1 min. 30 Roberto, 1-2 min. 36 Adrián y 2-2 min. 40 Iago.  

 

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS