Estos foron os resultados do fin de semana:
Sagrado Corazón 4 – Ribeira 8 (prebenxamín fútbol sala)
San Ciprián 1 – Sagrado Corazón A 3 (alevín A)
SD Becerreá A 4 – Sagrado Corazón B 2 (alevín b)
Sagrado Corazón 5 – SD Antas 0 (infantil)
Sagrado Corazón 2 – CD Corgo 0 (cadete)
Taboada CF 0 – Sagrado Corazón 2 (xuvenil)
Sagrado Corazón 3 – AD Ferroviaria Frisaqués 1 (veteranos)
O resumo da xornada
Esta semana seguimos o partido da 9ª xornada da segunda fase da previa 2 da autonómica infantil na que o noso equipo recibía ao SD Antas e ao que derrotou por 5 goles a 0.
Os nosos esta xornada saíron moi enchufados dende o pitido inicial e iso quedou reflectido no comezo do encontro xa que unha gran efectividade no mesmo permitía aos de Andrés Rochela mandar por un sorprendente 4-0 ao minuto 9 de partido. Iso permitiu aos branquiazuis vivir un encontro moi tranquilo xa que esa vantaxe clara levoulle a controlar o choque. Antes da metade da primeira parte chegaría o 5-0 e o partido quedaba encarrilado para os nosos ante un rival que se vira sorprendido pola situación. O Sagrado no resto do encontro xerou moito perigo pero a efectividade baixou. Aínda así gran partido para seguir na zoa alta da clasificación.
Sagrado Corazón (5): Mario, Diego, Iago, Erik, Samuel, Jonathan, Alejandro, Quintela, Iván, Carlos e Sergio, -once inicial-, Álvaro, Eder, Jose, Diego e Óscar.
SD Antas (0): Daniel, Iker, Janire, Héctor, Iria, Unai, Paula, Sergio, Iker, Raúl y Pablo, -once inicial-, Antonio, Nicolás, Andrea e Iker.
Goles: 1-0 min. 2 Iván, 2-0 min. 3 Quintela, 3-0 min. 8 Quintela, 4-0 min. 9 Iván e 5-0 min. 18 Samuel
RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS