Cómo foi a xornada para os nosos equipos? Aquí os resultados

Estos foron os resultados do fin de semana:

   Atlético Abuín B 4 – Sagrado Corazón 2 (benxamín)

   Sagrado Corazón A 3 – Viveiro CF A 2 (alevín A)    

   SCD Milagrosa B 0 – Sagrado Corazón 7 (infantil)

   Sagrado Corazón 1 – SDC Residencia A 5 (cadete)

   Sagrado Corazón 5 – SDC San Roque 0 (xuvenil)

   SD Hostelería Porta Santiago 1 – Sagrado Corazón 6 (veteranos)
 

O resumo da xornada

Hoxe resumimos o que foi o partido do equipo xuvenil da 10ª xornada da segunda fase da autonómica na previa 2 e na que o noso equipo derrotou con comodidade ao San Roque por 5 goles a 0 o que lle permite aos de Brais Rozados ser terceiros na táboa e empatar a 19 puntos co Outeiro de Rei que é segundo.

Aos tres minutos de xogo os nosos xa se adiantaban no marcador grazas a un gol de Félix nunha falta directa preto da área visitante. Ese gol axudou aos branquiazuis a madurar pouco a pouco o encontro e dominar. As peligrosas contras do Sagrado tiveron a súa recompensa xa que en transicións chegarían novos goles para deixar o partido sentenciado ao descanso cun claro 4-0 e cun hat-trick de Rubén. Na segunda metade o noso equipo soubo manexar o partido sen pasar apuros en ningún momento e combinando mellor sobre o terreo de xogo, pese a non xerar tanto perigpo sobre a portería do San Roque. Félix, que abrira o marcador de falta directa, pecharía de igual xogada con brillantez o partido cun gran gol de falta para establecer o 5-0 definitivo no minuto 79.

 

    Sagrado Corazón (5): Kevin, Pablo, Félix, Alberto, Aldán, Badreddine, Dariel, Garaloces, Christian, Rubén y Emiliano Fabián, -once inicial-, Rafa, Junior, Yeray Bao, Dani y Yeray.

    SDC San Roque (0): Tommy, David, Juan Pablo, Mario, Daniel, Luis Fernando, Jesús, Alberto, Ángel, Iker y Juan Luis, -once inicial-, Juan.  

    Goles: 1-0 min. 3 Félix, 2-0 min. 27 Rubén, 3-0 min. 28 Rubén, 4-0 min. 43 Rubén e 5-0 min. 79 Félix.

 

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS