Estos foron os resultados do fin de semana:
Sagrado Corazón 3 – Lugo Sala 1 6 (prebenxamín fútbol sala)
Sagrado Corazón 3 – Guitiriz 0 (benxamín)
SCD Milagrosa A 0 – Sagrado Corazón A 3 (alevín A)
Sagrado Corazón 5 – Guitiriz 1 (alevín B)
Sagrado Corazón 3 – Monterroso 1 (infantil)
Sagrado Corazón 1 – SCD Milagrosa A 1 (cadete)
CD Corgo 0 – Sagrado Corazón 0 (xuvenil)
Sagrado Corazón 5 – SCD Milagrosa 1 (veteranos)
O resumo da xornada
Nesta gran xornada de resultados para a nosa Escola seguimos o partido da 9ª xornada da segunda fase autonómica cadete da fase de promoción a que o noso equipo empatou a un gol ante a SCD Milagrosa A.
Os primeiro minutos de xogo foron de dominio dos nosos que co paso dos minutos facíase coa maior posesión de balón aínda que sen xenerar demasiadas ocasións de gol. Pero sería a Milagrosa a que se adiantaría no marcador xa que ao minuto 24 aproveitaba unha pérdida do Sagrado para anotar o 0-1. Ese gol fixo dano á escadra dirixida por Dani Díaz que perdeu o control do xogo e a poques estivo de encaixar un segundo gol antes do descanso. Tras o intermedio o partido non tiña dono e cun Sagrado Corazón que o intentaba con máis gañas que orde. No minuto 68, tras unha rápida contra, Adri era derribado dentro da área visitante e Xoan dende a pena máxima empataba a contenda (1-1). A Milagrosa reaccionou, xerando ocasións claras de gol con varias accións directas sobre a meta de Marcos Sanfiz, pero os branquiazuis sumaron a súa boa tarefa defensiva e a de Sanfiz xunto co desacerto dos milagrosistas para acabar arañando un punto máis.
Sagrado Corazón (1): Marcos, Muinelo, Yeray, Sergio, Emiliano Fabián, Jonathan, Héctor, Xoán, Alejandro, Adrián y Aarón, -once inicial-, Eliseo, Jorge, Miguel, Bran y José Carlos.
SCD Milagrosa (1): Roberto, Jose, Miguel, Francisco, Jorge, Diego, Pedro, Jose Carlos, Mario, Noe y Christian, -once inicial-, Cristian, Germán, Antonio, David y Alejandro.
Goles: 0-1 min. 24 Noe y 1-1 min. 69 Xoan (penalti).
RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS