Resultados do fin de semana

Estos foron os resultados do fin de semana:

    Sagrado Corazón 2 – CD Lugo C 2 (benxamín)

    CD Corgo 2 – Sagrado Corazón 3 (benxamín)

    CD Corgo 2 – Sagrado Corazón B 3 (alevín b)

    Sagrado Corazón A 3 – CD Lugo B 5 (alevín A)

    AD Ferroviaria 3 – Sagrado Corazón 1 (cadete)

    Sagrado Corazón 2 – AD Albeiros 0 (veteranos – suspendido no minuto 38)

    Hotel Prados Corgo – Sagrado Corazón (veteranos – vitoria do Sagrado por incomparecencia do Corgo)

 

O resumo da xornada

Esta semana seguimos o partido aprazado do equipo benxamín que disputou o xoves ante o CD Lugo C e no que empatou a dous goles.

Na primeira metade a iniciativa do xogo foi por parte dos nosos xogadores sendo capaces de xerar moitas ocasións de gol dende o pitido incicial. O primeiro tanto chegaría dende a pena máxima tras un penalti (1-0) e curiosamente os de Dani Díaz anotarían o seu segundo tanto tamén a balón parado nesta ocasión nunha falta que o propio Sanfiz tamén mandaba ao fondo das redes. Con ese 2-0 chegaríase ao descanso pese a que o Sagrado disporía de varias ocasións para ampliar a vantaxe. No segundo tempo cambiou o guión do encontró e é que o CD Lugo C lanzábase ao ataque cunha presión alta e iso permitíalle recuperar balóns con facilidade. Non tardarían en chegar os goles e en dez minutos, do 30 ao 40, o Lugo empataba a contenda (2-2). De ahí ao final calquera cousa puido ocorrer xa que ambos equipos amosáronse atrevidos en busca da vitoria pero o marcador non sufriría máis variacións.

 

    Sagrado Corazón (2): Kike, Sanfiz, Hugo, Diego, Nico, Pablo, Paula y Pedro, -oito inicial-, Ismael, Héctor, Luna e Unai.

    CD Lugo C (2): Xurxo, Juan, Álex, Pablo, Flores, Pablo, Ismael y Alejandro, -oito inicial-, Caxide, Aitor e Adrián.  

    Goles: 1-0 min. 6 Sanfiz (penalti), 2-0 min. 16 Sanfiz, 2-1 min. 30 Pablo e 2-2 min. 40 Sebastián.  

 

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS