Tres vitorias, un empate e unha derrota no fin de semana

 

Estos foron os resultados do fin de semana:

    Sagrado Corazón 6 – Illa Verde 2 (prebenxamín fútbol sala)

    Sagrado Corazón B 3 – CD María Auxiliadora B 0 (alevín b)

    ED Ribela 2 – Sagrado Corazón 2 (infantil)

    Sagrado Corazón 2 – EF Polvorín A 6 (cadete)

    SD San Roque 0 – Sagrado Corazón 4 (veteranos)

 

O resumen da xornada

Hoxe resumimos o que foi o partido do equipo infantil que na 7ª xornada da segunda fase da primeira autonómica infantil os nosos empataron a dous tantos a domicilio co ED Ribela.

O inicio de partido non foi o esperado polo Sagrado no que os despistes e concesións en tarefas defensivas permitironlle ao seu rival disfrutar de algunha ocasión de gol. Co paso dos minutos os de Andrés Rochela asetábanse no campo e cunha maior presenza no medio campo aproveitaban as caídas e disputas de balón para xerar perigo sobre a meta do Ribela. Nunha desas xogadas Jonathan nunha acción persoal era obxeto de falta dentro do área e no lanzamento de penalti Samu anotaba o 0-1, resultado co que se chegaba ao descanso. No inicio da segunda metade as sensacións no xogo eran boas na escadra corazonista e Dani á volta de vestiarios cun disparo dende fora da área facía o 0-2. Entón o Ribela colleu o dominio do xogo e ese dominio transformouse en dous goles que lle permitiron empatar (2-2) en tan so 12 minutos aos locais. Os derradeiros cinco minutos de partido foron novamente do Sagrado disfrutando de varias ocasións de gol, incluso cun disparo de Jonathan ao pau, pero ao final non houbo máis goles e sí reparto de puntos.

 

    ED Ribela (2): Antón, García, Borja, Ángel, Miguel, Iván, Iago, Adirán, Jhonatan, Andrés y Brais, -once inicial-, Daniel, Brais e David.  

    Sagrado Corazón (2): Álvaro, Diego, Iago, Erik, Samuel, Jonathan, Losada, Alejandro, Carlos, Sergio e Daniel, – once inicial-, Samuel, Jarno, Adrián, Francisco e Diego.

    Goles: 0-1 min. 36 Samuel, 0-2 min. 41 Daniel, 1-2 min. 47 Iago e 2-2 min. 59 Iago.  

 

 

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS