Unha xornada con vitorias e derrotas

Estos foron os resultados do fin de semana:

    Sagrado Corazón 7 – CD Lugo 2009 B 2 (prebenxamín fútbol sala)

    Sagrado Corazón B 1 – CD Castro 3 (alevín b)

    Sagrado Corazón 1 – CP Casás 4 (infantil)

    SD Sarriana 3 – Sagrado Corazón 1 (cadete)

    SG Comercial 0 – Sagrado Corazón 2 (xuvenil)

    Sagrado Corazón 3 – FS Restaurante O Picato 1 (veteranos)

 

O resumen da xornada

Este fin de semana resumimos o que foi o partido da 14ª xornada da segunda atuonómica alevín no que o noso equipo, alevín B, enfrontouse ao CD Castro ante o que perdeu por 1 gol a 3.

Como reflexa o marcador, o partido foi moi disputado e sen un claro dominador do mesmo no que as ocasión de gol foron moi repartidas e no que se viviu un bonito e entretido partido para disfrute de todos os familiares dos nenos e nenas protagonistas do encontro.

Adiantouse aos cinco minutos de xogo o Castro con 0-1 aínda que ao minuto seguinte Alan empataba a contenda para os nosos. Pouco a pouco o Sagrado parecía facerse co control do partido pero antes do descanso os visitantes adiantábanse de novo co 1-2. Na segunda metade as ocasión seguiron moi repartidas e iso permitiu ver un gran xogo. Puido marcar calquera pero o 1-3 para o Castro no minuto 36 deixaba moi costa arriba o partido para os nosos que dende ahí e ata o final buscaron meterse de novo no encontro sen premio final.

 

    Sagrado Corazón (1): Dani, Marco, Alan, Iván, Lucas, Tiago, Samuel e Dawit, – oito inicial-, Diego, Carlos, Adrián, David e Marcos.

    CD Castro (3): Ignacio, Aimar, Brais, Pablo, Ricardo, Hugo, Yago e Marcos, -oito inicial-, Azael, Juan David, Xabier, Juan e David.  

    Goles: 0-1 min. 5 Hugo, 1-1 min. 6 Alan, 1-2 min. 13 Azael y 1-3 min. 36 Brais.  

 

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS