A falta dos partidos de infantís e cadetes, estos foron os resultados desta xornada:
Sagrado Corazón 6 – Franciscanos 2009 5 (prebenxamín fútbol sala)
Franciscanos A 3 – Sagrado Corazón 0 (benxamín)
Sagrado Corazón A 0 – CD Lugo 11 (alevín a)
ADC A Piringalla – Sagrado Corazón (infantil – martes 07/02)
SCD Milagrosa A – Sagrado Corazón (cadete – luns 06/02)
SD Outeiro de Rei 2 – Sagrado Corazón 1 (xuvenil)
Recambios Frain 0 – Sagrado Corazón 3 (veteranos – partido suspendido no minuto 63)
O resumen da xornada
Este fin de semana seguimos ao equipo xuvenil que no seu partido da 5ª xornada da 2ª fase da autonómica xuvenil perdeu por 2 goles a 1 no campo do Outeiro de Rei.
Un gol moi tempraneiro, ao primer minuto do inicio do choque, condicionou o partido para os nosos nun campo prácticamente impracticable tal e como se atopaba o Municipal de Outeiro onte sábado debido ao temporal. Pese ao gol, os de Brais Rozados souberon sobreporse e xeraron varias ocasións de gol que non acababan con disparos acertados de cara a porta. Cando parecía estar cerca o gol do Sagrado, o Outeiro anotaría o 2-0, resultado ao termo dos primeiros 45 minutos de xogo. Na segunde metade os branquiazuis saíron con moita intensidade e cun xogo directo, en busca de reducir distancias, gol que chegaba ao minuto 69 (2-1). Os nosos seguiron pelexando e dominando pero sen nova recompensa no resto do encontro.
Outeiro de Rei (2): Xico, Iago, Daniel, Varela, Julio, Víctor, Alberto, Joel, Iván, Óscar e Jose, – once inicial-, David (min. 50), Pablo (min. 50) e Santiago (min. 52).
Sagrado Corazón (1): Kevin, Dariel, Garaloces, Rafa, Pablo, Félix, Rubén, Alberto, Aldán, Alberte y Christian, – once inicial-, Muinelo (min. 70), Alejandro (min. 70), Fabián (min. 78), Badreddine (min. 83) e Yeray (min. 88).4
Goles: 1-0 min. 1 Iván, 2-0 min. 28 Julio e 2-1 min. 69 Rubén.
RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS