Subcampións galegos de fútbol veterano

final2

Bonita, entretida e animada final do campionato galego de fútbol de veteranos a que disputaron onte sábado no Campo Municipal de Sada o Galicia de Mugardos e o noso equipo de veteranos, o Sagrado Corazón. Os nosos non puideron alzar o título de campións galegos pero conseguiron un máis que merecido subcampionato que a pesar da derrota deixa un bo sabor de boca a esta gran campaña.

Os nosos caeron na quenda de penaltis tras empatar 2-2 tras o tempo regulamentario. Só uns minutos finais, no que o Galicia de Mugardos empatou tras un polémico penalti, impediu que os nosos puidesen alzar o título de campións.

A pesar da derrota na gran final hai que destacar a gran tempada, que aínda non finalizou xa que falta por disputarse a final da Copa da liga ante o Talleres Miki, do equipo de veteranos que desde hai unha semana enrolouse na estrutura do noso club.

final1