O club contará con equipo de veteranos

O noso club, ADC Sagrado Corazón, contará desde a próxima tempada, a 2016-2017, con equipo na categoría de veteranos unha vez que chegamos a un acordo coa Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón para que esta última se integre na estrutura da nosa entidade.

Esta unión vén como froito das relacións que se estreitaron nos últimos meses entre ambas as entidades e que ten agora como un punto máis de unión a inclusión do equipo de veteranos dentro da estrutura deportiva do club. Este equipo competirá na liga federada da Federación Galega de fútbol que desde FUTGAL se poñerá en marcha desde a próxima campaña.

 

A por o título galego
O equipo de veteranos atópase finalizando a campaña 15-16, exitosa unha vez máis xa que tras proclamarse campión de Lugo agora atópase inmerso no campionato galego e tamén de forma exitosa xa que este próximo sábado a partir das 18:00 horas e en Sada enfrontarase ao Galicia de Mugardos na gran final polo título autonómico. Sorte equipo!.

Asimesmo nos vindeiros días, con data e hora por confirmar, o Sagrado Corazón tamén disputará a final da Copa de liga local e farao contra o Talleres Miki.