Fútbol e bo ambiente para poñer fin á tempada 15-16

Este pasado venres a Escola de fútbol do noso club puxo o punto e final a tempada 15-16 e fíxoo cunha festa cargada de deporte e fútbol. Durante dúas horas disputáronse no campo de As Gándaras partidos entre todos os nenos/as asistentes das diferentes categorías para posteriomente rematar co tradicional partido entre adestradores e pais e nais dos alumnos.

Xa para poñer o punto e final á tarde entregaronse os diplomas da tempada a cada un dos nenos/as asistentes á festa por parte de tres dos Directivos do noso club: José Núñez, Carlos Díaz e José Flores.

Unha merenda para todos os asistentes, pais e fillos, puxo fin a unha tarde de deporte, convivencia e alegría para despedir a tempada ata o vindeiro mes de agosto cando retornará a actividade deportiva ao club co inicio da tempada 2016-2017.

 

Galería de imaxes >>>>>  www.adcsagradocorazon.es/imaxes/