O lucense Daniel Díaz Torrón, Dani Díaz, é desde este mes de agosto o novo Coordinador Deportivo do noso club unha vez alcanzado o acordo entre a entidade e o preparador lucense. O técnico, Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deprote, xa se incorporara á estrutura deportiva do Sagrado Corazón a pasada campaña e tras a saída da entidade de Pablo Iglesias na recentemente acaba tempada 2015/2016, a Directiva tomou a decisión de incorporar a Dani Díaz como novo responsable da parcela deportiva a partir desta nova campaña 2016/2017.
A pesar da súa mocidade, 26 anos, Dani Díaz acumula unha gran experiencia no mundo do deporte. Tras pasar como técnico e preparador físico polas categorías inferiores de clubs como o CP Casás, EF Viveiro, ACD Xove, Azkar Lugo FS, Poio Pescamar e Lugo Sala, agora asume o rol de dirixir e coordinar a Escola de fútbol do Sagrado Corazón, ademais de ser adestrador, preparador físico e recuperador de lesións do mesmo.