Xornadas de portas abertas no comezo da tempada 2016-2017

xornadas-setembro-2016

 

A ADC Sagrado Corazón organiza durante os meses de agosto e setembro unhas xornadas de portas abertas como acto de promoción do deporte e do fútbol. Así levará a cabo estas xornadas para que os nenos/as, das categorías de iniciación a xuvenil, que desexen adestrarse cos equipos do club poidan facelo e así probar como se traballa na nosa entidade sen ningún tipo de compromiso e de forma totalmente gratuita para que lle sirva de proba ao rapaz de cara a poder incorporarse á entidade nesta tempada 16-17 que está a piques de comezar.

Os interesados/as en anotarse a estas xornadas deberán facer unha inscrición no club e por elo deberán acudir ás oficiñas das que a entidade dispón no campo de As Gándaras, enviar un e-mail a adcsagradocorazon@hotmail.com ou poñerse en contacto a través do 609 86 09 62 (coordinador).

As xornadas de portas abertas realizaranse nas seguintes datas:

    – Fútbol-11 (nados entre os anos 1998 e 2004): do 22 de agosto ao 16 de setembro.

    – Fútbol-8 (nados entre os anos 2005 e 2012): do 5 ao 23 de setembro.