O equipo xuvenil que dirixe Pablo Bagardos conseguiu este pasado sábado o seu gran obxectivo da tempada, como era o de acadar o ascenso á 1ª futgal.
Tras finalizar a liga en segunda posición con 46 puntos, nesta fase de promoción na que se xogaba o ascenso ante outros sete equipos e na que conseguen o ascenso os tres primeiros clasificados, os nosos conseguírono matematicamente a falta de dúas xornadas para a conclusión tras vencer no derbi da capital este pasado sábado ao EF Polvorín (1-0).
Deste xeito o noso club contará na próxima tempada no fútbol-11 nas tres categorías con equipo na 1ª futgal xa que o equipo cadete conservou a categoría en primeira e o infantil finalizou 5º na súa liga.
Parabéns EQUIPO!!!!.
O alevín rematou o seu Torneo de fútbol-11
O equipo alevín de Juan Carlos Quiroga pola súa banda pechou tamén onte domingo a tempada oficial tras a disputa da fase final do Torneo Comercial Mida Agrotiendas na que finalizou como subcampión da fase prata.
Estes foron os seus resultados:
- ADC Sagrado Corazón 0 – SDC San Roque 1
- ADC Sagrado Corazón 3 – SD Pol 0
- ADC Sagrado Corazón 0 – SD Viveiro 2
- ADC Sagrado Corazón 2 – CP Casas 0 (cuartos de final fase prata)
- ADC Sagrado Corazón 1 – SDC Residencia 1 (4-3 a penaltis – semifinais fase prata)
- ADC Sagrado Corazón 0 – SD Burela 2 (final fase prata)
Torneo en Monforte
A xornada do alevín foi maratoniana durante esta fin de semana xa que o sábado acudiu a Monforte de Lemos a disputar o V Torneo Cidade de Monforte Alevín F11 e no que estos foron os seus resultados:
- ADC Sagrado Corazón 1 – SD Sarriana 0
- ADC Sagrado Corazón 0 – UD Ourense 3
- ADC Sagrado Corazón 3 – ED Calasancio 0
- ADC Sagrado Corazón 0 – Sada CF 0
- ADC Sagrado Corazón 0 – Ourense CF 1 (cuartos de final)
III Torneo Internacional Ribadeo SD
Pola súa banda o equipo cadete de Óscar Sánchez pechou a súa tempada 25-26 coa disputa en Ribadeo do torneo organizado polo conxunto mariñano e no que acadaron os seguintes resultados:
- ADC Sagrado Corazón 3 – Porriño Industrial 6
- ADC Sagrado Corazón 0 – UD Sur 3

