O Sagrado puxo fin á tempada cunha festa para todos os seus xogadores

 

Nunha tarde calurosa pero de diversión, a nosa Escola de fútbol puxo hoxe o punto e final á tempada 2016-2017.

Como é xa habitual nos derradeiros anos, a tarde foi totalmente deportiva con partidos entre todos os nenos que acodiron das diferentes categorías, máis de 70, e posteriormente co xa tradicional partido dos adestradores do club ante pais e familiares dos alumnos da nosa Escola (que acabou en penaltis).

Tras o remate dos partidos e facer a gran foto de familia entre todos os protagonistas desta tarde futboleira, entregouse por parte de dous Directivos do Sagrado Corazón, Felipe González e José Flores, os diplomas a todos os participantes nesta festa fin de tempada.

Para rematar a tarde houbo sorteo de regalos con camisetas e sudadeiras do club, dous vales para cortes de pelo en Huno Peluqueros (Curros Enríquez Nº 7 – Bajo) e un xamón.

 

¡¡¡Ata a vindeira tempada!!!

 

[slideshow_deploy id=’3613′]