Dani Díaz seguirá dirixindo o proxecto deportivo do Sagrado Corazón

 

O actual Coordinador Deportivo do noso club, Dani Díaz, seguirá unha tempada máis ligado ao proxecto deportivo da entidade corazonista. A Directiva, unha vez analizada a tempada 2016-2017 rematada, valora moi positivamente a mesma a todos os niveis, polo que considera que a persoa indicada para continuar neste posto é a do técnico lucense. Ademais da súa faceta como Coordinador Deportivo do club, continuará a levar a dirección de dous equipos no club como xa fixera a tempada pasada co equipo benxamín e cadete.

Dani Díaz seguirá a contar con boa parte do seu grupo de traballo xa que Diego Anido, Brais Rozados e Edgar Vázquez seguirán vinculados ao club para adestrar nas diferentes categorías. Así mesmo o Coordinador está a traballar na contratación de máis técnicos para a entidade xa que o Sagrado Corazón aumentará considerablemente o números de xogadores/as para esta tempada 2017-2018 polo que tamén aumentará o número de equipo en competición.

O adestrador que non seguirá na estrutura deportiva do club será Andrés Rochela xa que o técnico lucense non podería compaxinar os seus actuais estudos co traballo na entidade. Dende o club queremos agradecer enormemente o traballo de Rochela durante todos estos anos e desexarlle a mellor das sortes no seu futuro.