Fran Fernández, novo técnico do Sagrado Corazón

 

Francisco Fernández Castro (Lugo – 22/05/1991) é novo técnico da estructura deportiva da ADC Sagrado Corazón. O técnico lucense asina por unha tempada coa entidade corazonista nunha clara aposta do club por seguir incorporando á entidade a técnicos cunha gran formación e que esta repercuta na formación deportiva e persoal dos xogadores/as que forman esta Escola de fútbol. Fran dirixirá a un equipo de fútbol-11, outro de fútbol-8, será técnico de apoio noutras categorías e ademáis traballará tamén cos porteiros do club.

Fran Fernández procede das categorías base do CD Lugo donde finalizou contrato o pasado 30 de xuño, polo que quedou libre despois de seis tempadas militando no club branquivermello. Dende o Sagrado Corazón ofreceuselle esta semana un contrato por unha tempada e pronto se chegou a un acordo xa que ofreceronselle unhas condicións laborais acorde a súa traxectoria e calidade como técnico.
 

Dende o club queremos agradecer a Fran Fernández a súa aposta por querer pasar a formar parte desta gran familia. ¡¡¡Benvido Fran!!!