O benxamín campión da fase previa da Copa e o cadete cae coa cabeza alta nos cuartos de final

Estos foron os resultados da xornada:
    Guitiriz 2 – Sagrado Corazón 3 (benxamín)
    SCD Residencia A – Sagrado Corazón A (alevín A – luns 22/05)
    Guitiriz 2 – Sagrado Corazón B 4 (alevín B)
    Sagrado Corazón 0 – SD Ribadeo 2 (cadete – Copa cuartos de final)
 

O resumo da xornada

Nesta xornada seguimos as incidencias do partido da xornada 13ª do equipo benxamín da 2ª fase da previa 4 na que o noso equipo gañou no campo do Guitiriz por 2 goles a 3 e proclamouse a falta de unha xornada para o remate da previa como campión da mesma.

Comenzaría o encontro co mellor xogo do Sagrado Corazón quen levaba a iniaciativa o que lle permitía xerar ocasións claras de gol sobre todo en accións a balón parado. Con dous disparos exteriores adiantábanse os nosos aos seis minutos de xogo (0-2). Co paso dos minutos o Guitiriz conseguía meterse no choque e dispoñía de ocasións para reducir diferenzas no marcador, pero serían os nosos os que nunha boa xogada de ataque establecían o 0-3. Tras o descanso os locais non se rendían e lanzábanse en busca da remontada. Aos cinco minutos do reinicio chegaba o 1-3 de falta directa e tres minutos máis tarde o Guitiriz anotaba o 2-3. Pero os branquiazuis reaccionarían e facíanse fortes en defensa para non encaixar un novo tanto. Puido haber máis goles para uns e outros pero o 2-3 sería definitivo e o Sagrado conseguía o primeiro posto nesta fase previa 4 da Copa.  

    Guitiriz SD (2): Javier, Martín, Daniel, Sergio, Xoel, Asier, Óscar e Aitor, -oito inicial-, Rubén, Iván, Xesús, Brais, Hugo e Yago.

    Sagrado Corazón (3): Kike, Héctor, Pablo, López, Pedro, Paula, Nico e Isma, -oito inicial-, Unai, Luna e Sanfiz.

    Goles: 0-1 min. 3 Hugo, 0-2 min. 6 Pedro, 0-3 min. 24 Pedro, 1-3 min. 30 Daniel e 2-3 min. 33 Óscar.

 

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS