O cadete avanza na Copa a cuartos de final: resultados da xornada

Estos foron os resultados da xornada:
   Sagrado Corazón 2 – CD Lugo A 8 (prebenxamín – torneo prebenxamíns)
   Sagrado Corazón A 0 – SDC Residencia A 3 (alevín A – Copa eliminatoria ida)
   Sagrado Corazón 0 – SD Sarriana 3 (infantil – Copa eliminatoria)
   SDC Residencia B 1 – Sagrado Corazón 1 (cadete – Copa eliminatoria – Sagrado clasificado a penaltis 6-7)
   UD Pastoricense Dist. Goyo 4 – Sagrado Corazón 1 (veteranos – fin da liga)

 

O resumo da xornada

Nesta xornada seguimos o encontro da eliminatoria da Copa Deputación do equipo cadete na que os nosos conseguiron o pase á rolda de cuartos de final tras eliminar á SDC Residencia B na talda de penaltis tras o 1-1 ao termo dos 80 minutos de xogo.

Os primeiros dez minutos de partido serían para os nosos xa que os de Dani Díaz dominaban no xogo e disfrutaban de ata tres ocasións claras de gol para poñerse en vantaxe. Logo dese inicio de cor visitante o choque igualaríase en ocasións, para no derradeiro cuarto de hora do primeiro acto o Sagrado volver a coller o mando do partido e disfrutar de novo de oportunidades de inaugurar o marcador, sen éxito. Tras o descanso o inicio da segunda parte non foi bo por parte dos nosos quenes encaixarían o 1-0 nun disparo moi lexano de 30 metros. Co 1-0 a favor da Residencia, o partido non tiña un claro dominador, o Sagrado buscaba un xogo combinativo pero sería nun balón nun centro a área nunha falta sacada por Xoan ao minuto 72 na que non atopaba rematador pero que se colaba na meta local (1-1). Na recta final do choque ambos equipos parecían dar por bo o empate e a eliminatoria resolveríase na tanda de penaltis. Ahí Marcos, porteiro do Sagrado, resultaría clave xa que na morte súbita anotaba dende o punto de penalti o seu disparo e a continuación detiña o do rival (6-7).

Vitoria e pase aos cuartos de final donde os nosos enfrontaranse á SD Ribadeo que eliminou á SCD Milagrosa A (1-0).

     SDC Residencia B (1): David, Pablo, Martín, Roi, Lucas, Martín Iglesias, Alejandro, Jhon, Xabier, Brais e Cristhian, -once inicial-, Ángel, Adrián, David, Jose e Héctor.

    Sagrado Corazón (1): Marcos, Eliseo, Bran, Jonathan, Emiliano, Sergio, Marcos, Xoan, Adrián, Roberto e Junior, -once inicial-, Kevin, Aarón, Héctor, Jorge e Miguel.

    Goles: 1-0 min. 42 Alejandro e 1-1 min. 73 Xoan.

 

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS