Así foi o fin de semana

Estos foron os resultados da xornada:

    Sagrado Corazón 4 – SCD Milagrosa 9 (prebenxamín – Torneo fútbol sala)
    Sagrado Corazón 0 – Salesianos 8 (prebenxamín – Torneo fútbol sala)
    Sagrado Corazón 4 – AD Ferroviaria B 3 (benxamín)
    Sagrado Corazón B 1 – AD Ferroviaria A 4 (alevín B)

 

O resumo da xornada

Nesta xornada seguimos as incidencias do partido da xornada 14ª do equipo benxamín da 2ª fase da previa 4 na que o noso equipo gañou no derradeiro partido desta fase previa da Copa da que xa se proclamara campión a pasada semana. Nesta xornada derrotou á AD Ferroviaria B por 4 goles a 3.

A primeira metade foi de superioridade dos nosos xa que aos 15 minutos de xogo vencían 3-0. A relaxación nos de Dani Díaz permitiría aos visitantes recortar distancia e meterse no encontro, chegando ao descanso co 3-1 no marcador. No segundo acto a Ferroviaria anotaba o 3-2 e íase a polo empate, conseguindo a igualada á media hora de xogo. Ese gol parecía facer dano ao Sagrado pero os nosos serían capaces de sobreporse e Héctor conseguiría o 4-3 e polo tanto o gol da vitoria nun rechace dentro da área.

    Sagrado Corazón (4): Kike, López, Pablo, Nico, Paula, Isma, Unai e Héctor, -oito inicial-, Mera e Sanfiz.

    AD Ferroviaria B (3): Samuel, Mateo, Iago, Alexandre, Hugo, Haroum, Gaizka e Álvaro, -oito inicial-, Taha, Andrés e Javier.

    Goles: 1-0 min. 11 Hugo, 2-0 min. 14 Héctor, 3-0 min. 15 Héctor, 3-1 min. 25 Javier, 3-2 min. 30 Iago, 3-3 min. 39 Taha e 4-3 min. 40 Héctor.

 

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS