Esta mañá tivo lugar a presentación oficial do DéporCampus Cabreiroá Lugo 2026 organizado pola Fundación RC Deportivo e que se celebrará na capital lucense por segundo ano consecutivo, tendo de novo como club coorganizador a nosa entidade. Esta actividade celebrarase do luns 22 ao venres 26 deste mes de xuño de 10:00 a 14:00 horas e con recepción dos participantes dende as 09:30 horas.
Desta maneira os nenos/as de 6 a 14 anos poderán gozar dun Campus específico de fútbol e impartido polos técnicos dunha das canteiras máis importantes do panorama español e que ademais é galega, como é a do RC Deportivo, que o ano pasado superou a cifra das 80 inscricións, pero sen masificar a actividade para unha maior aprendizaxe e que todos os participantes gocen do evento. Novamente os Campos Municipais José María Rodríguez Lago, situados no barrio de As Gándaras, serán o escenario de celebración do campus.
O Concelleiro de Deportes, Damián Carballo, xunto co Coordinador dos DéporCampus, Sergio Maurente, e o noso Presidente, Jacobo Gómez, foron os encargados de dar de novo a benvida a esta nova edición do campus que xa ten abertas as súas inscricións e que pechará as mesmas o martes 16 de xuño ás 14:00 horas.
Inscricións
Para ampliar toda a información deste DéporCampus e/ou realizar a inscrición en liña, os interesados poden dirixirse á web https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/lugo-2026 ou tamén escaneando o código QR presente no cartel do evento.

