Xornadas de libre acceso ao club e inicio de adestramentos

A tempada 23-24 está a piques de arrincar. Desde o vindeiro luns 28 de agosto dará comezo a campaña cos seus adestramentos para os equipos de fútbol-11 (xuvenil, cadete e infantil) mentres que para o luns 4 de setembro arrincarán os de fútbol-8 (alevíns, benxamíns, prebenxamíns e biberóns)

Para completar os equipos existentes, unha vez máis o club organizará as súas xornadas de libre acceso, as cales son gratuítas, nas que os xogadores e xogadoras que o desexen poderán probar durante varias semanas en adestramentos, para así coñecer a metodoloxía do club, así como aos seus posibles compañeiros e adestradores.

Actualmente así están as prazas libres para as diferentes categorías:

  • Xuvenil (2005, 2006 e 2007): 5 prazas libres.
  • Cadete (2008 e 2009): sen prazas libres.
  • Infantil (2010 e 2011): 2 prazas libres.
  • Alevíns (2012 e 2013): prazas libres.
  • Benjamines (2014 e 2015): sen prazas libres.
  • Prebenjamines (2016 e 2017): prazas libres.
  • Biberóns (2018 e 2019): prazas libres.

 

Podes inscribirche ás xornadas na seguinte ligazón: XORNADAS DE LIBRE ACCESO.