Nino novo adestrador do club

Benigno Silvarrey Vilar ´Nino´ é novo adestrador da ADC Sagrado Corazón. O veterán técnico lucense, enrolado tamén nas filas da ADC Lugo Sala, é unha das fichaxes como adestrador da nosa Escola para a próxima tempada 23-24.

Nino dirixirá dous equipos, un de f-11 e outro de f-8, para este próximo curso que arranca este luns para os xuvenís, cadetes e infantís mentres que o luns 4 de setembro comezará a tempada para os equipos alevíns, benxamíns, prebenxamíns e biberóns.

¡BENVIDO NINO!