VI Torneo Internacional Semana Santa: 30 e 31 de marzo

Como xa é tradición por estas datas, o noso club pode confirmar a celebración do noso torneo de fútbol-7, o cal alcanza neste 2026 a súa sexta edición nun evento deportivo que dará un importante salto organizativo. Unha das grandes novidades e que haberá dous días de competición para as dúas categorías, benjamín e alevín, e por outra banda alcanza a meta de ser internacional xa que participarán no mesmo dous clubs de Portugal.

O VI Torneo Internacional Semana Santa “Trofeo Lugo Express” disputarase o luns 30 e martes 31 de marzo e como nas cinco edicións anteriores será nos campos municipais José María Rodríguez Lago situados no barrio de As Gándaras en Lugo.

Aos poucos este campionato foi adquirindo importancia no calendario de torneos que se disputan na nosa comunidade nestas datas e así unha vez máis moitas das mellores canteiras de toda Galicia xa confirmaron a súa asistencia para disputar esta nova edición. Ademais este ano tamén chegarán equipos desde Madrid e o norte de Portugal.

Serán un total de 48 os equipos que nos acompañen nesta edición e con ao redor de 700 nenos e nenas participantes como grandes protagonistas.

Na web www.copafacil.com/lugo2026 xa se pode coñecer máis información sobre este torneo que ademais será a web oficial onde se poderán seguir os resultados cando se dispute o mesmo. 

 

Equipos participantes

En total son 48 os equipos participantes de 35 clubs diferentes os que loitarán polo título nesta edición:

  • Vitória SC (Guimaraes – Portugal).
  • SC Braga (Braga – Portugal).
  • CD Canillas (Madrid).
  • RC Celta de Vigo (Vigo – Pontevedra).
  • UD Santa Mariña (Vigo – Pontevedra).
  • EF Silleda (Silleda – Pontevedra).
  • ED Val Miñor (Nigrán – Pontevedra).
  • EF Lalín (Lalín – Pontevedra).
  • RC Deportivo de La Coruña (A Coruña).
  • Rácing Club Ferrol (Ferrol – A Coruña).
  • Victoria CF (A Coruña).
  • SD Compostela (Santiago de Compostela – A Coruña).
  • CD Conxo Santiago (Santiago de Compostela – A Coruña).
  • Ural Español CF (A Coruña).
  • CD Calasanz (A Coruña).
  • Bertamiráns FC (Ames – A Coruña).
  • ED Xuventude Oroso (Oroso – A Coruña).
  • CD As Pontes (As Pontes de García Rodríguez – A Coruña).
  • Sada CF (Sada – A Coruña).
  • Carreira CF (Ribeira – A Coruña).
  • SDCR Narón O Freixo (Narón – A Coruña).
  • SRD Canido (Ferrol – A Coruña).
  • Pabellón Ourense CF (Ourense).
  • EDC Barbadás (Barbadás – Ourense).
  • Ourense CF (Ourense).
  • CD Lugo (Lugo).
  • SD Ribadeo (Ribadeo – Lugo).
  • SD Sarriana (Sarria – Lugo).
  • AD Río Ouro (O Valadouro – Lugo).
  • SCD Milagrosa (Lugo).
  • SDC Residencia (Lugo).
  • EF Polvorín (Lugo).
  • Polideportivo Maristas (Lugo).
  • SDC San Roque (Lugo).
  • ADC Sagrado Corazón (Lugo).

 

Apoios 
Desde a Xunta Directiva do club queremos agradecer a empresas e institucións o seu apoio e axuda para poder dar este salto de calidade na organización do torneo e así convertir a cidade de Lugo nun referente dos torneos de fútbol base.

O evento contará co importante apoio das tres institucións como son o Concello de Lugo, Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia, que a través de diferentes vías apoiarán a celebración deste torneo que xa está consolidado no panorama galego. Ademais, o evento estará autorizado pola RFGF para a súa celebración e bo desenvolvemento.

A maiores, é importante recalcar o patrocinio da empresa Lugo Express como partner principal do torneo, por cuarto ano consecutivo, así como de Gadis que se suma a esta edición tamén como novo colaborador.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest