Sarriana, Victoria CF, SDC Residencia e CD Lugo, triunfadores do VII Torneo de Verán de fútbol base “Cidade de Lugo”

 

Na tarde deste domingo finalizou o VII Torneo de Verán de fútbol base “Cidade de Lugo” que organizou a ADC Sagrado Corazón e que durante tres días reuniu nos campos municipais de As Gándaras a preto de 700 xogadores e xogadoras de 27 equipos das provincias de Lugo, A Coruña e Ourense.

A Sarriana na categoría infantil, o Victoria CF en infantil feminino, a SDC Residencia en cadetes e o CD Lugo en xuvenís, foron os equipos triunfadores desta edición do Torneo ao alzar o título de campións nas súas respectivas categorías nun torneo que foi un éxito a nivel organizativo dada a gran afluencia de público e que se converteu xa nun campionato tradicional nestas datas, no remate da época estival e antes do inicio das diferentes ligas.

Clausura do Torneo
Para clausurar esta edición do Torneo, na que se entregaron os trofeos aos subcampións e campións de cada categioría, asistiron á ceremonia de entrega o Concelleiro de Deportes e Insfraestructuras do Concello de Lugo, José Manuel Díaz Grandío, o Presidente da ADC Sagrado Corazón, Jesús Pereira, e o Xerente de Desabolladuras Díaz, Juan Carlos Díaz.

Agradecementos
Dende o club queremos agradecer a todas as institucións que como patrocinadoras colaboraron con esta edición do Torneo: Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Deputación Provincial de Lugo. Así mesmo este agradecemento facémolo extensivo ás empresas que colaboraron co mesmo: Cervecería Pub Cook, Café Bar O Cruce, Carnicería Parrillada A Fonsagrada, Desabolladuras Díaz e Café Bar Etrusco.

Resultados:

Fase de grupos

Categoría infantil:
    ADC Sagrado Corazón 0 – SDC Residencia 2
    Ribela 0 – SdeC Polvorín 5
    Ribela 1 – SDC Residencia 8
    ADC Sagrado Corazón 0 – SdeC Polvorín 3
    Ribela 0 – ADC Sagrado Corazón 1
    SDC Residencia 1 – SdeC Polvorín 3
    Sarriana 0 – CD Lugo 0
    SD Becerreá 0 – Sarriana 5
    SD Becerreá 0 – CD Lugo 6
    SD Becerreá 0 – SCD Milagrosa 1
    SCD Milagrosa 0 – Sarriana 2
    SCD Milagrosa 0 – CD Lugo 0

Categoría infantil feminino:
        SD Orzán 0 – SCD Milagrosa 1
        Victoria CF 6 – SCD Milagrosa 0
        SD Orzán 0 – Victoria CF 4

Categoría cadete:
        ADC Sagrado Corazón 0 – SDC Residencia 4
        SCD Milagrosa 1 – SdeC Polvorín 0
        SDC Residencia 1 – SdeC Polvorín B 1
        EF Carballiño 1 – ADC Sagrado Corazón 3
        EF Carballiño 0 – SDC Residencia 2
        ADC Sagrado Corazón 1 – SdeC Polvorín B 1
        EF Carballiño 5 – SdeC Polvorín B 2
        SCD Milagrosa 0 – Sarriana 0
        Ourense CF 0 – SdeC Polvorín 1
        Ourense CF 0 – Sarriana 3
        Sarriana 1 – SdeC Polvorín 1
        Ourense CF 0 – SCD Milagrosa 1

Categoría xuvenil:
    ADC Sagrado Corazón 0 – SDC Residencia 0
    SG Comercial 0 – SdeC Polvorín 2
    SG Comercial 2 – SDC Residencia 5
    ADC Sagrado Corazón 0 – SdeC Polvorín 3
    SG Comercial 2 – ADC Sagrado Corazón 0
    SDC Residencia 2 – SdeC Polvorín 0
    SCD Milagrosa 0 – CD Lugo 0
    SD Becerreá 0 – Viveiro CF 1
    SD Becerreá 0 – CD Lugo 3
    SCD Milagrosa 1 – Viveiro CF 0
    Viveiro CF 1 – CD Lugo 3
    SD Becerreá 1 – SCD Milagrosa 1


Semifinais:

    Semifinal infantil: SDeC Polvorín 0 – CD Lugo 2
    Semifinal infantil: Sarriana 3 – SDC Residencia 0
    Semifinal cadete: SDC Residencia 1 – Sarriana 1 (Residencia gaña a penaltis)
    Semifinal cadete: SCD Milagrosa 2 – ADC Sagrado Corazón 1
    Semifinal xuvenil: CD Lugo 3 – SdeC Polvorín 0
    Semifinal xuvenil: SDC Residencia 1 – SCD Milagrosa 1 (Residencia gaña a penaltis)

Finais:
    Final infantil masculino: CD Lugo 1 – Sarriana 2
    Final infantil femenino: SCD Milagrosa 0 – Victoria CF 4
    Final cadete masculino: SCD Milagrosa 1 – SDC Residencia 1 (Residencia gaña a penaltis 0-3)
    Final xuvenil masculino: SDC Residencia 0 – CD Lugo 5

 

NOTA: nas vindeiras datas colgarase nesta web unha ampla galería de imaxes recollendo un resumo desta edición do torneo.