O Sagrado Corazón benxamín, subcampión da Copa Deputación

 

Non puido ser. O noso equipo benxamín non puido lograr o que sería o gran premio a unha gran tempada. Hoxe os xogadores dirixidos por Dani Díaz buscaron poder levantar un título, pero atoparonse en fronte a un gran rival como foi o Franciscanos que acabou por levarse o título de campión da Copa Deputación da 2ª autonómica benxamín ao vencer por 0 goles a 3.

O partido en sí foi igualado aínda que se vía un maior dominio do Franciscanos, sobre todo nunha primeira metade na que o noso rival adiantaríase no marcador grazas a un gol de falta directa. Na segunda metade os nosos buscarían dende o inicio o empate, pero hoxe non habería fortuna e pese a disparos exteriores ou en estratexias en saques de banda ou corner, o empate non chegaba. E sí o Franciscanos faría o 0-2 aínda con moito partido por xogar. O Sagrado buscou un gol que o metese no partido, mereceuno, pero a fortuna tampouco estivo do seu lado e o Franciscanos na recta final conseguiría o definitivo 0-3 que lle daba o título de campión.

 

O Deputado da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, o Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, Miguel Fernández, e o Vicepresidente da FGF en Lugo, Carlos Méndez ´Negrín´, seguiron o encontro no campo José María Rodríguez Lago 2 baixo unha gran expectación de pais e familiares dos xogadores e foron os encargados de entregar as medallas e trofeos ao Sagrado Corazón como subcampión e ao Franciscanos como campión.