Jarno disputou con Lugo sub-12 a primeira fase do Campionato Galego

 

Este pasado martes tivo lugar no Concello de Xinzo a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-12 na que estaba por suposto como participante a selección de Lugo. Dentro desa selección lucense o noso club tivo representación coa participación dun xogador alevín da entidade, Jarno Pousada.  

A selección de Lugo disputou tres partidos: ante Ourense coa que perdeu 3-0, ante Ferrol coa que empatou sen goles e con Santiago coa que perdeu pola mínima por 1 gol a 2. Tras esta primeira fase Lugo é sexta clasificada con 1 punto.

 

Noraboa a Jarno e ogallá el e outros xogadores do noso club poidan desfrutar de xornadas importantes do deporte como foi esta convocatoria coa selección lucense.