Jarno, convocado coa selección lucense sub-12 para o Torneo de seleccións comarcais

 

O xogador alevín da nosa entidade, Jarno Pousada Troitiño, foi convocado polo seleccionador lucense sub-12 para estar na lista dos 15 xogadores convocados para a disputa da 2ª fase do Torneo de Seleccións comarcais galegas de fútbol base que organiza a Federación Galega de Fútbol e que se disputará este próximo martes 11 de abril na localidade lucense de Vilalba e no seu estadio de A Magdalena.


Calendario de partidos da selección lucense

    11:30 horas: Lugo – Vigo
    16:00 horas: Lugo – Pontevedra
    18:15 horas: Lugo – Coruña