Estos foron os resultados dos nosos equipos:
Sagrado Corazón 5 – CD Lugo 2009 B 9 (prebenxamín fútbol sala)
Sagrado Corazón 1 – CD Lugo C 1 (benxamín)
Sagrado Corazón A 4 – EF Polvorín A 2 (alevín A)
Sagrado Corazón 1 – CD María Auxiliadora B 1 (alevín B)
CP Casás 2 – Sagrado Corazón 3 (infantil)
EF Polvorín A 8 – Sagrado Corazón 0 (cadete)
Sagrado Corazón 3 – SG Comercial 2 (xuvenil)
Sagrado Corazón 4 – SDC Residencia 0 (veteranos)
O resumo da xornada
Nesta xornada seguimos as incidencias do partido da 2ª fase da previa 4 da autonómica alevín donde o noso equipo, o Sagrado Corazón B, empatou a un gol ante o María Auxiliadora nun partido moi disputado.
No primeiro tempo os nosos salían moi fríos no xogo e dominaba con maior claridade o María Auxiliadora. O meta do noso equipo, Dani, mantíanos no partido xa que as ocasións de gol do rival eran boas. Co paso dos minutos e tras sufrir o maior agobio, o Sagrado comezaba a xerar tamén perigo e ocasións de gol, aínda que ao minuto 12 era o María Auxiliadora o que se adiantaba co 1-0 tras un contragolpe. Antes do descanso os de Brais Rozados puideron empatar, pero as ocasións non atopaban o premio do gol. Na segunda metade o guión do partido non cambiaba cun bo ritmo de xogo e moi disputado. A boa presión a todo campo do Sagrado Corazón dáballe resultado xa que ao minuto 32 Diego empataba o encontro co 1-1. A derradeira fase de encontro protagonizouna con maior perigo o María Auxiliadora, aínda que os corazonistas defendéronse ben. No derradeiro minuto a piques estivo de levar o noso equipo a vitoria nunha ocasión de Tiago, pero ao final reparto de puntos , quizais o máis xusto.
CD María Auxiliadora (1): Nuno, Cedrón, Gael, Héctor, Daniel, Cristian, Oihan y Álvaro, -oito inicial-, Raúl e Hugo.
Sagrado Corazón (1): Daniel, Alan, Marco, Samuel, Carlos, Iván, Adrián y Tiago, -once inicial-, Marcos, David e Diego.
Goles: 1-0 min. 12 Cristian e 1-1 min. 31 Diego.
RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS