Hoxe entrevistamos a…

Manuel Ángel López Sánchez “Manu” foi adetsrador do noso club durante as dúas últimas tempadas. Agora este xoven lucense tivo que aparcar a súa laboura como adestrador para poder adicarlle o tempo necesario e preciso para a preparación dunha oposición. Pese a súa predisposición de poder continuar na nosa entidade, compatibilizar ambas tarefas non era posible e por iso tivo que deixar de adestrar ao noso equipo infantil. Hoxe recordamos con Manu algúns momentos vividos.

Como levas o estar alonxado dos terreos de xogo?
Pouco a pouco acostumándome a velo máis desde fora. Recoñezo que nun primeiro momento foi máis complicado porque, ademais do gusto polo deporte e o fútbol, está un compoñente emocional que pesa moito, un cariño polos rapaces que non se pode esquecer da noite á mañá.

Custouche decidir o ter que deixar de adestrar e por que tomaches esa decisión?
Por suposto que si, de feito era unha posibilidade que sabía que estaba ahí. Intentei alargar ó máximo a decisión, pero chega un momento no que hai que priorizar e, neste caso, a preparación dunha oposición require dunha constancia e dun tempo moito maior do que dispuña nese momento. Acostumo a dicir que “o que moito abarca, pouco apreta”, así que de ter seguido adestrando seguramente non podería facelo como ata o momento, peor ou mellor, pero implicado ó 100%.

Como era o teu día a día cos nenos do equipo infantil?
Fantástico, certamente como unha pequena familia, onde todos sabíamos os roles de cada un. Ó longo dos dous anos creo que aprendín máis eu deles que eles de min. Quédome con iso, co GRUPO, entendendo os adestramentos como unha maneira de aprender, de socializarnos e de liberar as tensións do resto do día.

Bueno e agora volvamos un tempo para atrás, como e cando decidiches adestrar e como foi a túa experiencia na primeira tempada?
Comecei coma case todos, cuns anos facendo as labores de axudante doutro adestrador e amigo, aprendendo da práctica do día a día. A partir de ahí, en vistas do gusto por este deporte, decidín formarme e sacar o nivel 1 como técnico deportivo. Felizmente, xurdiu a posibilidade ese mesmo ano de unirme ao ADC Sagrado Corazón, e ata aquí.

Dende o club bótasete de menos e esperamos algún día volver a terte nas nosas filas, que tal foi a relación co cubl e cos compañeiros?
Pois moi positiva, se dixese o contrario mentiría. Dende o primeiro día me sentín parte do mesmo. A maiores de Aarón e Miguel, ós que lles agradezo persoalmente a oportunidade, a confianza e a súa amizade, levo un grato recordo de Jose, Verónica, Flores e demais compoñentes do club.

 

Agora unhas preguntas cortas para coñecerte mellor
abr-1aA primeira e mais importante para o teu futuro , como vai esa preparación para as oposicións, dedicas moitas horas ao longo do día?: pouquiño a pouco. É unha carreira de fondo. A constancia, coma en todo, é a base de poder optar a algo cando chegue o momento. Hoxe por hoxe, unhas 7-8 horas diarias é o que me ven ocupando.
Que é para ti o mellor e o peor do fútbol base?: o MELLOR, sen dúbida, o trato no día a día cos nenos e o ver os seus progresos. O PEOR, se cadra, a errónea concepción da “competitividade” que moitas veces se ten e fa falta de “formación” no eido.
Un equipo favorito?: Dende sempre o FC Barcelona. A partir de ahí, un sempre é próximo aos da terra, como o Deportivo e o Lugo.
Un xogador?: Leo Messi, calquera adxectivo se quedaría curto para describilo. Sen máis, o mellor futbolista e o máis completo da historia.
Un once ideal?: Complicado… Pero, dende que teño uso de razón, diría: Casillas, Puyol, Maldini, Roberto Carlos, Zidane, Xavi, Pirlo, Iniesta. Messi, Cristiano e Ronaldinho.
Unha liga?: Premier League pola intensidade e porque calquera partido da xornada é interesante de ver para o espectador, é unha liga noble. A Liga BBVA pola de xogadores extraterrestres dos que disfrutamos.
Un adestrador?: Pep Guardiola, un exemplo como adestrador e como persoa, bo comunicador e estratega. Cambiou a historia do fútbol dende a humildade.
Algunha cousa que queiras engadir?: Gustaríame terminar facendo protagonistas ós verdadeiros destinatarios de todo isto, agradecéndolles estes dous anos: Gorka, Galán, Noel, Alex Cabado, Kevin, Manu Amor, Iago Vivero, Rubén Fernández, Martín Timiraos, Yeray, Rubén Fente, Yerry, Jorge, Aarón, Adrián Domínguez, Adrían Pacio, Diego, Antón, Dhomini, Xoán, Jhony, Marcos Sanfiz, Kevin, Adrián Fernández, Eliseo, Héctor, Marcos Burgo, Alex, David, Carlos, Xandre, Jose, Emiliano, Dani Permuy e Kevin. Un abrazo grande para todos! GRACIAS!


Por último Manu desexarche moita sorte na oposición e tamén no resto, saúdos dos teus pupilos e de todos os compoñentes
do club.