Os xogadores do club poderán asistir gratis ao encontro CD Lugo – RCD Mallorca

 

Os xogadores do noso club poderán asistir de xeito gratuíto se así o desexan ao encontro que o CD Lugo da 2ª división de fútbol disputará este sábado 4 de abril ás 18:15 horas no Anxo Carro ante o RCD Mallorca.

Para iso os xogadores deberán solicitalo nas oficiñas da ADC Sagrado Corazón situadas no Campo de As gándaras antes das 21:00 horas deste mércores.

Así mesmo os acompañantes adultos dos xogadores que desexen acudir ao encontro poderán facelo tamén cun custo de cada entrada de 5 €.