Desde o 1 de xullo, aberto o prazo para novas altas no club

cartel-novas-altas

Mañá mércores 1 de xullo ábrese o prazo para aqueles xogadores/as non pertencentes ao club e que queiran pasar a formar parte do mesmo. Unha vez concluído o primeiro prazo de renovacións, non pechado pero o cal xa non conta con preferencia á hora de inscribir ao xogador/a, chega a quenda para aqueles nenos e nenas que agora queren formar parte da ADC Sagrado Corazón.

O prezo da cota anual para novos xogadores é de 240 € desde a categoría de iniciación ata a de xuvenís. Ademais existen diferentes descontos, os cales pódense consultar na folla de inscripción que se atopa colgada nesta web e que podes ver no seguinte enlace: www.adcsagradocorazon.es/inscricions-15-16/.

Desde a Xunta Directiva do club estase traballando de cara á nova tempada 2015-2016 en mellorar a estrutura organizativa da entidade, cunha maior profesionalización da súa área deportiva, e que isto redunde no beneficio e aprendizaxe dos xogadores da entidade, novidades que se irán anunciando nos próximos días.

Máis información nos teléfonos: 982 70 06 35 ou 629 90 35 54 (horarios de tarde) ou tamén na dirección de correo electrónico adcsagradocorazon@adcsagradocorazon.es