Diego López asistiu á festa fin de tempada da ADC Sagrado Corazón

Esta tarde un xogador da elite do fútbol mundial, lucense e actualmente porteiro do Milán FC, Diego López, asistiu á festa fin de tempada que organizou o noso club. O porteiro de Paradela está a disfrutar dos seus derradeiros días de vacacións en terras galegas antes de regresar a Italia para comezar a pretempada co seu club e fixo un oco na súa apretada axenda para poder facer felices por uns intres aos xogadores do Sagrado Corazón. Día que será recordado por todos eles con moita felicidade.

Diego López contestou a todas as preguntas formuladas polos xogadores para posteriormente firmar autógrafos, fotografarse con todas as persoas que así o quixeron, ademais de sortear unha camiseta súa do Milán co seu nome e unhas luvas. Posteriormente o club tamén fixo un gran sorteo de gorras, camisetas e máis obsequios entre todos os asistentes.

Dende o club queremos agradecer enormemente a Diego López a súa visita no día de hoxe á nosa Escola o que amosa o seu amor pola súa terra e pola súa predisposición para estar presente neste acto.

NOTA: podes ver unha extensa galería de imaxes desta visita no noso facebook >>>> http://on.fb.me/1FyboEs