Alex Rois continuará como coordinador deportivo e adestrador do club

Non podería ser doutro modo. O actual coordinador deportivo do club, Álex Rois, seguirá ligado ao noso proxecto deportivo. O técnico lucense cumprirá así a súa oitava tempada na ADC Sagrado Corazón na próxima campaña 2026-2027 tras asinar a súa chegada na 2019-2020. Ao longo destes sete anos Rois dirixiu con éxito a prácticamente todas as categorías do club e a súa filosofía e metodoloxía de traballo concordan totalmente coa da propia entidade.

Álex Rois para a próxima campaña, alén de dirixir a dous equipos, tamén seguirá desenvolvendo a súa función como coordinador deportivo tras xa dúas exitosas tempadas nesta faceta. Ademais, é o Director de torneos e seguirá facéndoo tras o gran éxito da edición do torneo de semana santa de fútbol-7 do pasado mes de marzo organizado pola nosa entidade.

Agora club e coordinador confirmarán aos técnicos que lle acompañarán no seu staff para esta próxima campaña co obxectivo de darlle continuidade ao gran traballo desta tempada 25-26 a cal encara xa a súa recta final.

Desde a Xunta Directiva do club queremos agradecer a Álex Rois o seu compromiso, traballo e dedicación e por querer seguir liderando este proxecto deportivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest