Xornadas de portas abertas

xornadas-portas-abertas

A ADC Sagrado Corazón organizará durante o mes de xuño, do luns 1 ao venres 26, unhas xornadas de portas abertas de cara a xogadores que agora mesmo non pertencen á entidade. Estas xornadas consistirán en diversos adestramentos para cada unha das categorías xunto aos xogadores que actualmente forman parte da Escola do Sagrado Corazón.

As mesmas serán gratuitas para todos aqueles nenos/as que desexen participar, previa inscrición no club, e están destinadas para todas as categorías nas que a entidade conta con equipos: iniciación, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

A través destas xornadas búscase que os xogadores que desexen pasar a fomar parte do club poidan primeiro coñecer como é o traballo que se leva na entidade tanto en adestramentos como a outros niveis. Desta maneira se os nenos/as que participen nas xornadas teñen un alto grao de satisfacción ao rematar as mesmas e desexan pasar a formar parte desta gran familia, poderán levar a cabo a súa inscrción na Escola de cara a tempada vindeira, a 2015-2016.

Para máis información os interesados poden visitar a web oficial do club (www.adcsagradocorazon.es), enviar un e-mail a adcsagradocorazon@adcsagradocorazon.es ou chamar ao teléfono de información 629 90 35 54 (horario de tarde).


HORARIOS DE ADESTRAMENTOS PORTAS ABERTAS

Categorías iniciación, prebenxamín e benxamín:
    Martes e xoves de 18:00 a 19:30 horas no Campo de As Gándaras 2.

– Categoría alevín:
    Luns e venres de 18:00 a 19:30 horas no Campo de As Gándaras 2.

– Categorías infantil, cadete e xuvenil:
    Luns, mércores e venres de 19:30 a 21:00 horas no Campo de As Gándaras 2.