Pouco a pouco imos avanzando cara a recta final desta tempada 2025-2026 e deste xeito tamén comezando coa planificación da seguinte campaña 26-27. Dentro do plano deportivo a partir do mes de maio e no de xuño o club comezará polo tanto a estructurar os diferentes equipos cos que contará nese vindeiro curso deportivo e polo tanto ofrece a posibilidade de que nos mesmos poidan entrar xogadores e xogadoras que agora mesmo non pertenecen ao club. Por este motivo organizaranse as xa tradicionais xornadas de libre acceso que se celebrarán do 4 de maio ao 11 de xuño.
Estas xornadas de proba, destinadas a nenos e nenas nados entre os anos 2008 a 2022, serán totalmente gratuitas para todos os que desexen participar nas mesmas e poden incribirse dende hoxe mesmo a través do seguinte enlace: https://short.do/0MTVUa
Nos adestramentos, establecidos por categoría e día que se poden consultar unha vez se inicia inscripción, os participantes adestrarán xunto aos que poderían ser os seus compañeiros e os mesmos serán dirixidos polos técnicos da estrutura do noso club que son adestradores formados e con titulación oficial.
Estas xornadas de proba levaranse a cabo nos campos municipais Jose María Rodríguez Lago, en As Gándaras (Lugo), lugar onde durante toda a tempada o club desenvolve a súa actividade.
Inscrición no club
Unha vez comezadas as probas de acceso, os novos xogadores/as poderán se así o desexan darse de alta no club para esa próxima tempada 26/27, contando tamén coa opinión da dirección deportiva. O prazo de incrición para novas alta abrirase a finais do mes de maio e continuará durante o mes de xuño ou ata compretar as prazas existentes en cada categoría.
Máis información
- 636 31 15 16
- club@adcsagradocorazon.es
