Dous equipos da capital lucense, CD Lugo en categoría cadete e infantil, un da provincia, Viveiro CF en xuvenís, e un de A Coruña, o Orzán SD en infantil feminino, foron os grandes triunfadores do IX Torneo de Verán de fútbol base “Cidade de Lugo” que reuniu durante tres días deste pasado fin de semana, do venres 1 ao domingo 3 de setembro, a máis de 700 nenos/as participantes nun torneo que xa se convertiu nun clásico da pretempada e que está organizado pola ADC Sagrado Corazón.
Este ano a gran novidade foi o reparto de categorías por días xa que o venres disputouse o torneo na competición en categoría cadete, o sábado a xuvenil e o domingo a infantil e infantil feminina.
Ao termo de cada xornada entregaronse os trofeos ao campión e subcampión de cada categoría e para elo contouse coa presenza de diversas autoridades: o Vicepresidente da FGF, Carlos Méndez ´Negrín´, o Delegado en Lugo de CocaCola, Rául Centelles, o Deputado da Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo, Pablo Rivera, o Xerente de Deportes A Chaira, Marcos Veiga, o Concelleiro de Deportes, Miguel Fernández, a Concelleira de Benestar Social, Ana González, o Conselleiro Delegado de Quescrem, Jesús Zapico, e o Secretario da Xunta Directiva da ADC Sagrado Corazón, José Ferreiro.
Colaboradores
Cada tempada este torneo quere seguir mellorando na súa organización e por elo aumenta o protagonismo de empresas que colaboran co torneo, polo que dende o club agradecemos a confianza depositada para esta edición e a súa colaboración a: Quescrem, Deportes A Chaira, Café Bar O Cruce, Raúl Freire, Centro de Fisioterapia Roberto M. Cordeiro, Frutas Lugo, Luvent e CocaCola. Asimesmo a colaboración das institucións: Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e Concello de Lugo.
RESULTADOS
Venres 1 de setembro – categorías cadete:
CD Lugo B 0 – SCD Milagrosa 2
CD Castro 0 – ADC Sagrado Corazón 3
SCD Milagrosa 1 – SD Sarriana 1
CD Lugo A 3 – CD Castro 0
SD Sarriana 7 – SD Antas 0
CD Lugo A 9 – SD Monterroso 0
SD Antas 0 – CD Lugo B 12
SD Monterroso 0 – ADC Sagrado Corazón 5
ADC Sagrado Corazón 0 – CD Lugo A 4
CD Lugo 1 – SD Sarriana 0
CD Castro 0 – SD Monterroso 3
SCD Milagrosa 3 – SD Antas 0
CD Lugo B 7 – SD Monterroso 0 (repesca 1)
SD Sarriana 1 – ADC Sagrado Corazón 0 (repesca 2)
SCD Milagrosa 2 – CD Lugo B 1 (semifinal 1)
CD Lugo A 2 – SD Sarriana 0 (semifinal 2)
CD Lugo A 1* – SCD Milagrosa 1 (final)
Sábado 3 de setembro – categoría xuvenil:
ADC Sagrado Corazón 1 – SD Monterroso 0
Viveiro CF 4 – SCD Milagrosa 0
SD Monterroso 0 – SD Sarriana 2
SCD Milagrosa 0 – CD Lugo 2
SD Sarriana 1 – SD Becerreá 1
CD Lugo 0 – Viveiro CF 1
SD Becerreá 0 – ADC Sagrado Corazón 4
CD Castro 0 – Viveiro CF 3
CD Castro 0 – CD Lugo 3
ADC Sagrado Corazón 4 – SD Sarriana 0
SCD Milagrosa 3 – CD Castro 0
SD Becerreá 2 – SD Monterroso 2
SD Sarriana 0* – SCD Milagrosa 0 (repesca 1)
SD Becerreá 0 – CD Lugo 5 (repesca 2)
ADC Sagrado Corazón 1 – SD Sarriana 0 (semifinal 1)
Viveiro CF 1* – CD Lugo 1 (semifinal 2)
ADC Sagrado Corazón 0 – Viveiro CF 0* (final)
Domingo 4 de setembro – categoría infantil femenina:
SCD Milagrosa 0 – Victoria CF 1
Peluquería Mixtra Friol 0 – Orzán SD 2
Orzán SD 7 – SCD Milagrosa 0
Victoria CF 1 – Peluquería Mixta Friol 0
Victoria CF 0 – Orzán SD 0
Peluquería Mixta Friol 2 – SCD Milagrosa 1
Domingo 4 de setembro – categoría infantil:
CD As Pontes 0 – CD Lugo 2
CD Lugo 7 – ADC Sagrado Corazón 7
SCD Milagrosa 5 – SD Antas 0
Orzán SD 0 – SD Sarriana 2
ADC Sagrado Corazón 1 – SD Becerreá 2
SD Antas 1 – Orzán SD 5
SD Becerreá 1 – CD As Pontes 2
SCD Milagrosa 7 – Orzán SD 0
SD Antas 0 – SD Sarriana 7
SD Becerreá 0 – CD Lugo 6
ADC Sagrado Corazón 0 – CD AS Pontes 1
SD Sarriana 0 – SCD Milagrosa 0
SCD Milagrosa 0 – CD As Pontes 1 (semifinal 1)
CD Lugo 3 – SD Sarriana 0 (semifinal 2)
CD As Pontes 1 – CD Lugo 4 (final)
VER GALERÍA DE IMAXES