V Torneo Semana Santa Lugo Express: 14 e 15 de abril

Un ano máis e coincidindo co parón competicional nesas datas, o noso club organizará o V Torneo Semana Santa para fútbol base e que nesta edición contará novamente co patrocinio da empresa lucense de transportes Lugo Express. Continuando coa modalidade de fútbol-7, o torneo disputarase o luns 14 e martes 15 de abril para as categorías benjamín e alevín, respectivamente.

Este torneo volverá ser un dos máis importantes que se disputan na comunidade galega nesa época do ano e que edición tras edición foise abrindo fronteiras chegando agora mesmo ata a provincia veciña de León onde cada vez son máis os equipos que se animan a participar no mesmo.

Á espera de confirmar todos os equipos participantes e establecer o plan competicional en función dos mesmos, esta edición pode converterse na que máis equipos reúna con 40 equipos e en torno a 600 nenos e nenas participantes que pasarán polos campos municipais José María Rodríguez Lago, escenario novamente deste campionato.

 

Equipos participantes

Como en cada edición desde o noso club buscamos reunir a moitas das mellores canteiras do noroeste peninsular e tras a invitación cursada nas últimas semanas xa contamos coa confirmación de:

  • RC Celta de Vigo (Vigo – Pontevedra).
  • RC Deportivo de La Coruña (A Coruña).
  • Fabril FC (A Coruña).
  • SD Ponferradina (Ponferrada – León).
  • CD Lugo (Lugo).
  • CD Flores del Sil (Ponferrada – León).
  • Olímpico de León (León).
  • CD Choco (Redondela – Pontevedra).
  • EF Lalín (Lalín – Pontevedra).
  • AJ Lérez (Pontevedra).
  • EF Portero 2000 (Pontevedra).
  • Arosa SC (Vilagarcía de Arousa – Pontevedra).
  • EF Base Cangas (Cangas – Pontevedra).
  • CD Velle (Ourense).
  • Pabellón Ourense CF (Ourense).
  • Atlético Coruña Montañeros CF (A Coruña).
  • Victoria CF (A Coruña).
  • Ural CF (A Coruña).
  • CD Calasanz (A Coruña).
  • Bertamiráns (Ames – A Coruña).
  • ED Xuventude Oroso (Oroso – A Coruña).
  • CD As Pontes (As Pontes de García Rodríguez – A Coruña).
  • Sada CF (Sada – A Coruña).
  • Rácing Club Villalbés (Vilalba – Lugo).
  • AD Río Ouro (O Valadouro – Lugo).
  • CP Calasancio (Monforte de Lemos – Lugo).
  • SCD Milagrosa (Lugo).
  • ACD Piringalla (Lugo).
  • Gimnástica Lucense (Lugo).
  • ADC Sagrado Corazón (Lugo).

 

Apoios 
O evento contará co apoio das tres institucións, Concello de Lugo, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia, que a través de diferentes vías apoiarán a celebración deste evento. Ademais, o torneo estará autorizado pola RFGF para a súa celebración e bo desenvolvemento.

Desde a Xunta Directiva do club queremos agradecer a empresas e institucións o seu apoio e axuda para poder celebrar este importante torneo que ano a ano segue crecendo grazas á participación dos clubs, aos cales lles damos o noso agradecemento por elixir este torneo e a cidade de Lugo como unha das opcións dentro da multitude de torneos que existen nestas datas en todo o panorama galego e no noroeste do estado.