Unai e Leo convocados coa selección sub-13 masculina para o Torneo de Seleccións Comarcais

Dous xogadores infantís do noso club, Unai Folgueira e Leo Yáñez, foron convocados dentro dos 18 xogadores elixidos pola selección lucense provincial masculina para a disputa do torneo de seleccións comarcais galegas de fútbol base que se disputará este próximo martes 17 de febreiro na localidade coruñesa de Narón nas instalacións municipais de Río Seco.

A selección de Lugo quedou encadrada no grupo B xunto ás seleccións de Santiago, Costa e Vigo. Pola súa banda no grupo A estarán as de Ferrol, Coruña, Pontevedra e Ourense.

Os primeiros clasificados de cada grupo tras enfrentarse todos contra todos na rolda de grupos, disputarán a final polo título de campión galego.

Parabéns rapaces por esta convocatoriae a seguir crecendo con esta bonita experiencia!.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest